As persoas
detrás do xogo.
Cada un é especialista na súa área e todos somos responsables do xogo. Así de pequeno é o equipo e así o queremos manter.
As caras do equipo.
Detrás de cada cromo hai unha persoa real. Estas son as caras que fan Classic Manager.
Poucos, teimudos e enfocados.
Sen OKRs, sen scrum-master. Non nos van as modas nin a palabrería: vainos a eficiencia e a xogabilidade. Cada hora que metemos no xogo ten que notarse en quen o xoga.
Festina lente
Apresúrate amodo. Fixámonos en cada detalle e cada decisión está pensada e validada coa comunidade: pensamos en temporadas, non en partidos.
Traballo profundo, non reunións
Non hai reunións diarias. A conversa vai por escrito, queda gardada e non interrompe a ninguén. Se algo é urxente de verdade, hai un timbre.
Demo aberta á comunidade
Cada venres ás 18:00 amosamos o da semana nunha chamada aberta de Telegram. Se chegaches tarde, hai gravación. Sen diapositivas.
Se queres conversar
de fútbol ou do xogo.
Non temos formularios nin tickets nin un sistema de soporte de 12 niveis. Hai un Telegram, lémolo todos.